Área de Normalización Lingüística

14 Maio 2012

Entrega dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2012

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Letras Galegas, Premios e concursos — anl @ 11:54 am
Con motivo da celebración do Día das Letras galegas entregaranse os
 
Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2012 da Universidade de Vigo.
O acto celebrarase o mércores 16 de maio ás 12.30 horas na Sala 1 do Edificio Miralles do Campus de Vigo e
contará coa actuación musical de Sés.
 

10 Maio 2012

Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2012

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Letras Galegas, Premios e concursos — anl @ 9:11 am

O xurado dos premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2012 decidiu premiar os traballos das seguintes persoas:

Poesía:

1.º Premio: Marisol Gándara Sánchez. polo poemario A cor dura da pel

1.º Accésit: Xabier Xil Xardón, polo poemario Volvería ao frío

2.º Accésit: Xabier Xil Xardón, polo poemario Vou falar da ruína

Así mesmo decidiuse recomendar a publicación de poemas de Aitor Toro Martínez e de Alba Domínguez Blanco.

Relato curto

1.º Premio: Xandra Táboas Martínez, polo relato Navy Bar

1.º Accésit: Pedro Xoaquín Peón Estévez, polo relato Desculpe señor Darwin

2.º Accésit: María Lago González, polo relato Tetraloxía do inexplicable, parte dúas: Booth Museum

Tradución literaria

1.º Premio: deserto

1.º Accésit: Guillermo Rosales González, pola tradución dun texto de Mark Gatiss

2.º Accésit: Martina Corral Aller, pola tradución dun texto de Chimo

Resolución reitoral do 15 de maio pola que se acorda o pagamento dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2012

20 Abril 2012

Bolsas para o alumnado do Curso de toponimia

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Bolsas, Formación — anl @ 11:40 am

Resolución reitoral do 19 de abril pola que se convocan 7 bolsas para o alumnado do Curso de formación de especialistas en toponimia organizado en colaboración coa Área de Normalización Lingüística

Anexo de solicitude

10 Abril 2012

Premio “Luísa Villalta” a iniciativas normalizadoras

O SNL da Universidade da Coruña, en colaboración cos SNL das universidades de Vigo e Santiago e a SXPL, convoca o IX Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras dirixido ao conxunto do sistema universitario galego. Premiarase o deseño dunha acción normalizadora e unha idea para a promoción do galego. O prazo de presentación remata o 9 de novembro ás 14 h.

OBXECTIVOS
-Desenvolver iniciativas innovadoras, relacionadas coa planificación e a normalización lingüística
-Promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua
-Aproveitar as potencialidades técnicas e científicas e os recursos humanos existentes nas tres universidades, así como outros recursos externos a elas.

Máis información

12 Marzo 2012

Obradoiro de presentacións eficientes

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Formación — anl @ 9:54 am

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organiza un Obradoiro de presentacións eficientes, dirixido a PDI e alumnado do terceiro ciclo pertencente á comunidade universitaria, durante os meses de abril e maio.

Máis información.

Bolsas para alumnado do Curso de extensión cultural

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Bolsas, Formación — anl @ 9:48 am

Resolución reitoral do 7 de marzo de 2012 pola que se convocan 15 bolsas para alumnado do Curso de extensión cultural.

1 Marzo 2012

Axudas á investigación en lingua galega 2012

Arquivado en: Novas, Axudas á investigación, Boletín ANL — anl @ 12:53 pm

 

A Universidade de Vigo convoca axudas para a redacción e defensa en lingua galega das teses de doutoramento, das teses de licenciatura, dos traballos tutelados de investigación de terceiro ciclo, dos traballos e proxectos de fin de carreira e dos traballos de fin de mestrado.

Esta convocatoria realízase ao abeiro do convenio de colaboración vixente entre a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a promoción da lingua galega.

Resolución reitoral do 14 de febreiro de 2012 pola que se convocan as axudas á investigación en lingua galega 2012.

Anexo de solicitude

Ficha de pagamento

27 Febreiro 2012

Presentación do Repertorio tabernario

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Dinamización, Publicacións, Recursos — anl @ 11:12 am

O venres 17, co entroido adonándose das rúas, presentouse na Casa das Campás o Repertorio tabernario que editou a Asociación de PAS do Campus de Pontevedra coa colaboración da Área de Normalización Lingüística. O acto estivo presidido pola vicerreitora do Campus de Pontevedra, Antonia Blanco Pesqueira, nun auditorio ateigado de persoas que seguiron con moito interese as palabras do autor, Luís Torres Vázquez e do presidente da Asociación de PAS Federico Fernández Fernández.

Neste libro recóllense máis dun cento de cantigas que se adoitan cantar nas tascas, furanchos e tabernas. Tamén se escoitan nas ceas e festas que se organizan na comunidade universitaria, pero das que se coñecen estrofas soltas ou o retrouso. A finalidade da edición é fixalas e que sirva de soporte para que se canten enteiras animando á participación.

Ao remate, coa oportuna compañía duns viños do país, cantáronse en animada festa boa parte das cantigas que se recollen no libro e continuou a troula polas rúas pontevedresas.

 

Repertorio Tabernario

9 Febreiro 2012

Premios de poesía, relato curto e traducción literaria 2012

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Letras Galegas, Premios e concursos, Publicacións — verba @ 1:41 pm

A Universidade de Vigo, a través da Área de Normalización Lingüística, e co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca os Premios de poesía, relato curto e tradución literaria para o ano 2012. 

Resolución reitoral do 6 de febreiro de 2012 pola que se convocan os premios de poesía, relato curto e traducción literaria da Universidade de Vigo.

7 Febreiro 2012

Bolsas de colaboración coa ANL

Arquivado en: Novas, Boletín ANL, Bolsas — verba @ 11:54 am

Resolución reitoral do 6 de febreiro de 2012  pola que se adxudican definitivamente tres bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

Páxina seguinte »

Xestionado con WordPress

FireStats