Imaxes A. Ovejero

Info xeral

O grupo de investigación en Avaliación Ambiental Estratéxica confórmase aglutinando investigadores que teñen como centro de interese a protección ambiental na súa proxección territorial e indagan nas solucións a través da busca da sostibilidade nos distintos instrumentos de ordenación territorial, planeamento urbanístico e ordenación ambiental. Neste contexto cobran especial interese dentro das súas actividades a avaliación ambiental estratéxica de planes e programas (ou avaliación estratéxica da sostibilidade) e outros instrumentos preventivos como as diferentes avaliacións ambientais de proxectos (de impacto, efecto e incidencia), e a xestión da información a través de Sistemas de Información Ambiental e Sistemas de Información Xeográfica.

A tal fin, o grupo caracterízase pola súa multidisciplinariedade, acadada mediante o traballo conxunto dos seus membros, doutores, enxeñeiros e licenciados con experiencia en xeografía, xeoloxía, ciencias ambientais, bioloxía, ciencias do mar, dereito, economía, enxeñaría de montes...

Así mesmo, os membros do grupo teñen alcanzado altos niveis de especialización na análise da evolución territorial e da paisaxe, e ordenación tanto no medio mariño e litoral, como en espazos agrarios e urbanos.