| |
|


EQUIPO
O equipo que respalda a Alberto Gago é pluralista e afronta con ilusión o goberno da nosa Universidade. A candidatura conxuga pluralidade e renovación de goberno, representación de ámbitos de coñecemento, de centros e unha combinación de experiencia e xuventude con todo o que iso significa de asunción de compromisos e responsabilidades por parte das xeracións máis novas.

MEMBROS DA CANDIDATURA
 |
REITOR
Dr. D. Alberto Gago Rodríguez
Catedrático de Universidade de Economía Aplicada
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
agago@uvigo.es

Impresións
|
|
|
 |
SECRETARIA XERAL
Dra. Dona. Esther González Pillado
Profesora Titular de Universidade de Dereito Procesual
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. epillado@uvigo.es
Doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1996 e Profesora Titular na Universidade de Vigo desde o 1998, Esther González Pillado foi coordinadora dos cursos de doutoramento do Departamento de Dereito Público do bienio 1996-1998 ata o 2001-2003, pero se por algo destaca é por ter desenvolvido unha comprometida producción científica. Así, centra as súas liñas de investigación na problemática relativa aos menores en situación de desamparo e conflicto social e desde o bienio 2004/2006 é directora do Curso de Doutoramento e Especialista en "Menores en situación de desprotección e conflito social".

Impresións
|
|
|
 |
VICERREITOR DE PLANIFICACIÓN
Dr. D. José Cidrás Pidre
Catedrático de Universidade de Enxeñería Eléctrica
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais
jcidras@uvigo.es
Xosé Cidrás Pidre, doutor enxeñeiro industrial e sesudo investigador no eido da análise e planificación de redes eléctricas e o aproveitamento das enerxías renovables, foi durante varios anos director do departamento de Enxeñería Eléctrica, director da Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial e nos últimos tempos, vicerreitor de Innovación e Calidade e de Investigación, cargo que continúa a desenvolver na actualidade.

Impresións
|
|
|
 |
VICERREITORA DE TITULACIÓNS E CONVERXENCIA EUROPEA
Dra. Dona Carmen García Mateo
Profesora Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación
carmen@gts.tsc.uvigo.es
Enxeñeira de Telecomunicación e xestora responsable, Carmen García Mateo é a investigadora principal dun dos grupos de referencia da Universidade de Vigo e conta cun gran bagaxe a nivel internacional. Alén do seu paso pola subdirección do Departamento de Tecnoloxías das Comunicacións da Universidade de Vigo, ou a participación na rede de excelencia europea BioSecure do VI Programa Marco, de 2001 a 2003 participou nunha rede docente de Universidades Hispanoamericanas
coordinandoa durante o ano 2003, adquirindo a experiencia adecuada para este cargo.

Impresións
|
|
|
 |
VICERREITOR DE INVESTIGACIÓN
Dr. D. Manuel Reigosa Roger
Catedrático de Universidade de Fisioloxía Vexetal
Facultade de Bioloxía mreigosa@uvigo.es
Catedrático e director do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo, Manuel Reigosa Roger ostenta unha consistente traxectoria académica ata o punto de supervisar diversas revistas científicas. Non por iso o profesor Reigosa deixou de investigar, estando ao fronte de 12 proxectos financiados por diversas administracións públicas, xunto a participar noutros traballos científicos.

Impresións
|
|
|
 |
VICERREITORA DE EXTENSIÓN CULTURAL E ESTUDANTES
Dra. Dona María del Carmen Cabeza Pereiro
Profesora Titular de Universidade de Ligüística Xeral
Facultade de Filoloxía e Traducción
cabeza@uvigo.es
Directora do departamento de Tradución, Lingüística e Teoría da Literatura de 2000 a 2001, do departamento de Tradución e Lingüística de 2001 a 2003, e do Centro de Linguas da Universidade de Vigo desde xaneiro de 2005, Carmen Cabeza é membro do Claustro da Universidade de Vigo. No seu labor destacou por explorar a misión social da Universidade, procurando desde o ano 1995 unha metodoloxía para a análise das linguas signadas que promova a integración dos xordos.

Impresións
|
|
|
 |
VICERREITOR DE PROFESORADO E ORGANIZACIÓN ACADÉMICA
Dr. D. Antonio García Pino
Catedrático de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicación
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación
agpino@com.uvigo.es
Madrileño de nacemento, Antonio García Pino foi un dos primeiros profesores da E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo, o que lle fai un gran coñecedor da Institución. Os principais focos de análise no seu centro e nalgunha outra afamada escola estranxeira na que realizou estadías de investigación, centráronse nas antenas así como en diversos aspectos do electromagnetismno aplicado. Ademais, o profesor García Pino é, desde o ano 2002, presidente da Comisión de Doutoramentos da Universidade de Vigo e, desde o 2005, Director do Centro de Posgrao, experiencia que sen dúbida o convirte no mellor candidato para asumir unha vicerreitoría como é a de Profesorado e Organización Académica.

Impresións
|
|
|
 |
VICERREITOR DE NOVAS TECNOLOXÍAS E CALIDADE
Dr. D. Anxo Sánchez Bermúdez
Profesor Titular de Universidade de Enxeñaría Química
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais
asanchez@uvigo.es
Químico de Formación e comprometido docente, Anxo Bermúdez foi un dos primeiros profesores da Escola Técnica Supeiror de Enxeñeiros Industriais, onde dirixiu o Departamento de Enxeñería Química e estivo vinculado a afamados proxectos como a Aula de Enerxías Renovables. Nos últimos tempos, foi vicerreitor de Innovación e Calidade na Universidade de Vigo, onde afrontou o desenvolvemento do Plan de Calidade Docente. |
 |
VICERREITOR DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Dr. D. Iván Area Carracedo
Profesor Titular de Universidade de Matemática Aplicada
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación
area@uvigo.es
Investigador inquedo e autor do primeiro manual universitario de matemáticas en galego, Iván Area conta cunha ampla experiencia investigadora e docente que lle fixo acredor do premio ao profesor mellor valorado no primeiro ciclo da súa escola en todos os anos nos que este foi concedido. Ademáis disto, foi subdirector da xefatura de estudos da súa escola e no tempo libre entrégase a súa gran paixón: o patrimonio cultural galego e, en particular, a gaita galega, instrumento do qué e gran valedor. Novo e vital, representa mellor ca ninguén a aposta desta candidatura pola renovación e a creación dunha Universidade sen complexos.
|
 |
VICERREITORA DE ECONOMÍA
Dra. Dona María Montero Muñoz
Profesora Titular de Universidade de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas.
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. mmontero@uvigo.es
Maria Montero-Muñoz é profesora titular no Departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas na Universidade de Vigo. Impartiu docencia nas Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais, Dereito Económico e na Facultade de Filoloxía e Traducción. Foi membro da comisión permanente na Facultade de CC. Económicas e Empresariais e formou parte de diversas comisións no seo da Facultade. A súa área principal de investigación e docencia céntrase fundamentalmente nos campos da Macroeconomía e da Economía Pública, e pertence á Asociación Española da Economía da Enerxía e da International Association for Energy Economics.

Impresións
|
|
|
 |
VICERREITOR DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA
Dr. D. Pedro Membiela Iglesias
Profesor Titular de Universidade de Didácticas das Ciencias Experimentais
Facultade de Ciencias da Educación membiela@uvigo.es
Profesor de Maxisterio no campus de Ourense, Pedro Membiela ten participado en órganos colexiados como Claustro, Consello de Goberno e Xunta de PDI. As súas liñas de investigación céntranse en actividades de deseño, posta en práctica e avaliación de proxectos educativos innovadores orientados a educación ambiental e para a saúde. Do mesmo xeito, coordina actividades de formación e innovación no ámbito universitario, moitos dos temas que contribuirían a conferirlle pleno significado á Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa.

Impresións
|
|
|
 |
VICERREITOR DO CAMPUS DE OURENSE
Dr. D. Juan Francisco Gálvez Gálvez
Catedrático de Escola de Linguaxes e Sistemas Informáticos
Escola Superior de Enxeñaría Informática.
galvez@uvigo.es
Profesor da Universidade de Vigo desde o ano 1991, o candidato a vicerreitor para o campus de Ourense é unha persoa humilde e próxima. Director da sección departamental do Departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos no campus de Ourense e Director da Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo, nos últimos sete anos, Juan Francisco Gálvez destacou pola súa aposta activa en distintos órganos de goberno universitarios. A ocasión que se lle presenta agora, permitiralle continuar o traballo que vén desenvolvendo como membro do Consello de Campus de Ourense dende o ano da súa creación.

Impresións
|
|
|
 |
VICERREITOR DO CAMPUS DE PONTEVEDRA
Dr. D. Jesús Hernández Sánchez
Catedrático de Pintura
Facultade de Belas Artes
jhs@uvigo.es
Activo na creación artística e o pensamento arredor do feito da obra de arte contempornánea, Jesús Hernández Sánchez vencella o seu traballo na arte e na escritura coas labores na docencia, a investigación e a xestión universitaria, tendo sido director do Departamento de Expresión Artística entre os anos 1994 e 1998 e Decano da Facultade de Belas Artes dende o ano 1998 ata a actualidade.

Impresións
|
|
|
|
|
|