Menu


Actualidade

GRAZAS A TODOS E A TODAS POLO VOSO APOIO-Mensaxe de Don Alberto Gago Rodríguez, novo Reitor da Universidade de Vigo, a toda a Comunidade Universitaria

Como todos/as saberedes, o dia 23 de maio de 2006 fun elexido novo Reitor da Universidade de Vigo por un 58,74% dos votos emitidos.

Agradézolle enormemente a toda Comunidade Universitaria o apoio prestado, xa que sen a vosa confianza e cariño resultaría imposible chegar ata aquí.

Neste momento, os resultados electorais anímanme a levar a cabo o meu programa e a traballar arreo pola nosa Institución dende o primeiro día. Procurarei non defraudar as expectativas depositadas na candidatura de Alternativa Universitaria e completar un mandato no que a grande beneficiada sexa a Universidade de Vigo e se goberne por igual para todos e para todas.

Parabéns a D. Xosé Luís Legido Soto e a todos os membros da súa candidatura pola coherencia mantida ao longo da súa campaña e a disposición mostrada a este Equipo de Goberno unha vez rematados os comicios, pois ao final de toda xornada electoral da Universidade, todos/as saimos victoriosos/as.

Recibide un afectuoso saúdo e grazas unha vez máis,
ALBERTO GAGO RODRÍGUEZ .

 

NOVO REITOR NA UNIVERSIDADE DE VIGO

Así se mostraba Alberto Gago ante os medios de Comunicación unha vez coñecidos os resultados.

 

ALBERTO GAGO GAÑA AS ELECCIÓNS POR CLARA MAIORÍA

Alberto Gago foi elexido novo Reitora da Universidade de Vigo por un 58,74% dos votos emitidos, nunha xornada na que votaron o 82.78% dos profesores numerarios doutores e o 64.02% do restante PDI, o 17% do alumnado e o 60.33% do Persoal de Administración e Servizos.

En todos estes colectivos, agás no último grupo, o candidato de Alternativa Universitaria recibiu un apoio significativo, e de aí que ao final da xornada electoral Alberto Gago manifestase a súa confianza polos resultados obtivos, se ben se laiou da escasa participación do alumnado.

 

Axenda

24/5/2006
Alberto Gago é elexido Reitor da Universidade de Vigo.

23/5/2006
Eleccións a Reitor da Universidade de Vigo. Vota.
     
  Alberto Gago. Unha universidade do Presente. Un proxecto de Futuro