Vivamos como galegos
Un spot que, dende longo, non me deixou indiferente.
“Comezouse a emitir o luns e este venres xa está na boca de todos. É “Vivamos como galegos”, a nova campaña dos Gadis , unha épica aposta publicitaria que, por vez primeira, explota os elementos de identidade do país para atraer clientes a un supermercado.
Triunfa na rede galega
O seu éxito parece ser tal que o ‘microsite’ converteuse na ligazón máis popular da semana en Chuza!, a rede social de referencia en Galiza. Ademais, o anuncio, realizado por BAP&Conde, xa foi subido polo menos tres veces ao You Tube, onde o viron máis de dúas mil persoas. Parece estar literalmente en todas partes, na televisión, na prensa, na rede, en cines e mesmo como banda sonora en pubs e discotecas”. [+] ler máis en vieiros.com.
Posted: Outubro 8th, 2007 under novas.
Comments: 4
algo que dicir?
Comment from Alberto Álvarez Lugrís
Time: 9 Outubro 2007, 11:50 am
Neste anuncio temos un bo exemplo do que son as famosas referencias culturais das que tanto falamos e de como se manipulan (no senso máis amplo da palabra, non necesariamente negativo) para transmitir determinados tipos de información.
Neste caso trátase de resaltar os valores que definen a cultura galega. Na liña dos anuncios de Aquarius ou Coca-Cola light, trátase de vender un estilo de vida, unha actitude vital, e asociala a un produto. Un produto que por certo non aparece no anuncio máis que ó final e relativamente pouco destacado. A finalidade do anuncio é identifica-lo produto cun sentemento, cunha forma de ser, cunha idiosincrasia. Ou, se cadra, con como nos gustaría ser ou con como nos gustaría que nos visen…
En todo caso, é unha forma de crear un sentemento de comunidade, como demostran a maioría das reaccións que en internet provocou esta campaña. Quen non se sente máis ou menos gratamente identificado con eses tópicos-non-tan-tópicos?
Este anuncion non é tan orixinal como puidese parecer. Por unha parte, en canto ó concepto, podemos lembrar anuncios como o de Estrella Galicia (1998) da “festa gholgorrio…adorro Galisia”, aínda que a idea estaba menos elaborada e só facía referencia á festa continua na que supostamente vivimos. Por outra parte, en YouTube podemos atopar un anuncio da cervexa canadense Molson (2000) no que o de Gadis está claramente inspirado:
I’m Canadian: http://www.youtube.com/watch?v=pXtVrDPhHBg
Para rizar o rizo, en YouTube atopamos tamén unha réplica quebequesa ó I’m Canadian: I’m not Canadian, Ostie:
http://www.youtube.com/watch?v=Z1-XbZL7Lns
Esta campaña de Gadis pódenos facer reflexionar sobre como se constrúe a identidade colectiva e quen a constrúe. Está claro que somos o que queremos ser… ou o que nos din que queremos ser. A finais do XIX e principios do XX lanzouse unha fantástica campaña publicitaria para convencernos a nós mesmos de que somos celtas. E madia leva o éxito que tivo: hoxe tódolos galegos nos consideramos medio celtas, identificamos a nosa música como celta ou de inspiración celta, Irlanda e o celtismo é un tema recorrente da nosa literatura e da nosa mitoloxía popular… Era tamén unha forma de construír a nosa identidade e de crear un sentemento de pertenza a un grupo diferenciado.
Está claro que o obxectivo de Gadis non é político, pero creo que este anuncio vai facer máis país que moitas medidas políticas.
O que faría Risco se tivese un YouTube daquela!!
Comment from albertodafonte
Time: 10 Outubro 2007, 8:43 am
Moitas grazas polo comentario. Era unha lástima que quedara na privacidade dun correo-e.
Comment from EL CONDE
Time: 11 Outubro 2007, 11:38 pm
isto non é nada novo xa que a axencia “autora” do anuncio de Gadis:
http://www.bapconde.com/
“inspiroú” a sua propia web na orixinal de esta (tamén arxentina!) axencia:
http://www.yr.com.ar/
Comment from sergio
Time: 25 Decembro 2007, 9:35 am
sin comentarios tio.

Write a comment