Contacto

Principal|Organización|Documentos | Noticias da AIPP| Eventos |Enlaces de interese |Investigación

 



Asóciate

Se tes un contrato Parga Pondal e queres asociarte, preme aquí

Concentración de protesta 16 de Decembro

A Asociación de Investigadores Parga Pondal súmase á concentración de protesta contra a política en materia de I+D+i da Xunta de Galicia o vindeiro 16 de Decembro. O escrito de chamamento á concentración é o seguinte:

A investigación en Galicia, D.E.P.

Fai que isto non sexa unha realidade!

  • O goberno de Feijoó aniquila o sistema investigador galego.
  • Non convoca nin as bolsas para estudantes de mestrado, nin os contratos para investigadores predoutorais, posdoutorais ou para técnicos de investigación, que son a base do noso sitema investigador.
  • Únete á protesta: concentración detrás da Xunta (fronte á estación de autobuses) en Santiago de Compostela o xoves día 16 de decembro ás 12:00 h.

    Dende a asociación de investigadores, técnicos e tecnólogos Precarios-Galicia; a Federación de Jóvenes Investigadores (FJI/Precarios), e a Asociación de Investigadores Parga Pondal criticamos duramente a política en materia de I+D+i do goberno de Feijóo, e pedimos ó colectivo investigador galego e á sociedade no seu conxunto que participe e apoie esta protesta.

    Implícate, é o momento de facerse oír!!

    Descarga o cartaz e dálle a máxima difusión no teu centro.

  • Principal|Organización|Documentos | Noticias da AIPP| Eventos |Enlaces de interese |Investigación
    Agradecemos á Universidade de Vigo a concesión deste espacio.