Benvida
Benvid@s a esta páxina web, punto de encontro dos investigadores contratados ó abeiro do programa Isidro Parga Pondal da Xunta de Galicia. O programa naceu coa finalidade de "substituír o déficit de recursos humanos de que adoece o sistema de I+D en Galicia'' e de integrar a investigadores cunha relevante experiencia posdoutoral, en grupos de investigación galegos por un período de 4 anos.
A Asociación de Investigadores do Programa Parga Pondal (AIPP) constituóuse o 29 de Xuño de 2004 e desde entón as súas actividades céntranse fundamentalmente na problemática específica asociada a estes contratos, que, por outra banda, teñen particularidades propias en cada Universidade. De xeito máis xeral tamén nos interesan aqueles temas relacionados coa política científica e co papel dos investigadores na sociedade. Tal e como aparecen nos Estatutos, os fins da AIPP son os seguintes:
1. Agrupar a tódolos Investigadores contratados baixo o Programa Isidro Parga Pondal e proporcionarlles un foro para o intercambio de opinións.
2. Facilitar as actividades das comisións específicas, grupos de traballo e correntes de opinión.
3. Informar e defender ante os organismos e institucións correspondentes as demandas e propostas formuladas pola Asociación.
4. Propiciar o intercambio científico entre os membros da Asociación.
5. Difundir á sociedade a actividade científico-investigadora dos membros asociados.
6. Participar nas actividades conducentes á implantación dun Sistema Galego de Investigación e Ciencia baseado na calidade e na avaliación a través dun sistema de contratación digna e transparente e no que se garantan os principios de igualdade de oportunidades, capacidade e mérito dos investigadores.
Nestes momentos, a meirande parte dos investigadores contratados polo programa pertence á AIPP. Se tes un contrato Parga Pondal e queres asociarte, preme aquí. Para máis información contacta con calquera membro da xunta directiva, preferentemente da Universidade onde realizas o teu traballo.
