banner

Recoñecemento ás empresas colaboradoras coa Universidade de Vigo

Sendo a Universidade de Vigo unha institución inserida na súa sociedade, o seu Consello Social quere organizar, o vindeiro 20 de maio, ás 12:00 horas no salón de actos da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, un gran acto público de recoñecemento a todas aquelas empresas que colaboran coa Universidade de Vigo na realización de proxectos de I+D+i e na incorporación de universitarios/as ao mercado laboral.

miralles

Obxectivos

Conscientes de que un dos obxectivos que máis amplamente se lle recoñece aos Consellos Sociais universitarios é o de fomentar o achegamento entre a Sociedade e a Universidade, o Consello Social da Universidade de Vigo é un organismo implicado por estreitar a relación entre a nosa institución académica e o sector produtivo do seu entorno.

Neste contexto, a realización dun acto público de recoñecemento ás empresas que colaboran coa Universidade de Vigo na xeración de coñecemento afonda na necesidade de fortalecer esa relación; obriga mutua na que Empresa e Universidade apostan polo progreso da sociedade galega.